viernes, 11 de enero de 2008

Pobreza e exclusión

Pobreza e exclusión:
O derradeiro número (4) de CLARIDADE inclúe distintos traballos que en torno a "Pobreza e exclusión" refliten a visión dos seus autores sobre a respectiva situación en Galicia. Hai nos autores unha coincidencia maioritaria de que, a pesares do notable crecemento económico mundial habido na derradeira década, este non é quen de erradica-la pobreza e evita-la exclusión dun amplio número de persoas. Hai tamén unha constatación xeral de que esta situación nón é exclusiva dos paises menos desenvolvidos -terceiro e cuarto mundo- senón que é xa unha realidade nos paises mais avanzados -a Unión Europea, os Estados Unidos, Xapón, etc.- onde as situacións de pobreza e exclusión lonxe de disminuir parecen consolidarse -enquistarse- afectando a un amplio número de persoas e colectivos.
Esta realidade empírica pon tamén en evidencia que "crecemento económico" e "desenrolo humán" non son sinónimos nin siquer complementarios. Que a economía pode medrar a taxas notables sen que desaparezan as situacións de pobreza e exclusión, senón que se consoliden o tempo que se amplian as lendas na distribución da riqueza: que os ricos sexan cada vez mais ricos e os pobres cada vez mais pobres. Un exemplo desta realidade ven subliñado nas cada vez maiores diferencias entre as rendas do capital e do traballo: algo que podemos confirmar se comparamos -p.e.- os ingresos anuais dos dirixentes das principais entidades bancarias españolas, compañias de seguros e/ou sociedades de fondos de pensións, dos empresarios da construcción, o textil, etc., con o salario (ingreso) medio do conxunto dos traballadores -cualificados ou non-.
Esta realidade, constatable empiricamente, é moi pronunciada -velahí unha das principais características da actual fase expansiva do capitalismo mundial- nas rexións periféricas dos territorios mais desenvolvidos -como, p.e., a Unión Europea- xa que si aquelas presentan crecementos econòmicos superiores á media do seu entorno non poden, nembargantes, evitar que se amplien as lendas de desenrolo en relación as rexións mais desenvolvidas tanto no conxunto da UE como ó interior da cada un dos países o tempo que nelas se consoliden as situacións de precariedade laboral e pobreza.
E Galicia nón é unha excepción: crecemento económico notable que o tempo que facilita grandes ganancias ás rendas do capital -algúnhas das maiores fortunas nacionais e europeas están localizadas en Galicia- e, certamente, millora da empregabilidade, consolida empregos precarios, baixos salarios, bolsas de pobreza e un mais que notable "déficit social".
Velahí a razón de ser do derradeiro número de CLARIDADE: reflectir distintos puntos de vista sobor desta realidade e procurar lanzar un debate que consideramos cada vez mais necesario.
Manoel Barbeitos Alcántara
Consello de redacción de CLARIDADE.

miércoles, 9 de enero de 2008

Benvidos ao noso novo foro electrónico

Co comezo do ano a Fundación Luís Tilve quere dar un paso máis no mundo do ciberespacio, coa intención de chegar a un maior número de xente e que esta poida darnos a súa opinión ou facer comentarios sobre o noso traballo, as nosas publicacións, as nosas investigacións, etc. Pero sobretodo pretende ser un foro de opinión que faga máis extensiva a labor que realizamos dende a nosa revista "Claridade", a cal trata un tema de actualidade en cada número.