Cando un partido preséntase a unhas eleccións democráticas con un programa
de goberno que logo, una vez ganadas aquelas,
esconde no caixón e esquece pasando a
aplicar medidas que no so non estaban nese programa senón que incluso son
contrarias ao mesmo, o goberno dese partido é un goberno ilexítimo. Debe dimitir, o seren cesado, e deben
convocarse inmediatamente novas eleccións democráticas.
Cando un gobernante minte compulsivamente, ben fai o contrario do que
promete ben minte sobre o que fai e as razóns que lle levan a elo, ese gobernante é un mentireiro é, xa que logo, debe dimitir.
Está bastante claro que cando falo dun goberno
ilexítimo estoume a referir aos gobernos español (PP) e galego (PP)
actuais. Que cando falo de gobernantes mentireiros
refírome aos actuais Presidentes tanto do goberno español (Mariano Rajoy), como
do goberno galego (Alberto N. Feijoo).
Que os enganos e mentiras tanto do Partido Popular (PP) como do Presidente
do goberno español Mariano Rajoy (PP) son abondosos e continuos está fora de
toda dúbida. Nembargantes vou a intentar describir os mais relevantes e decisivos.
Durante a campaña electoral Mariano Rajoy (PP), entre as moitas promesas
electorais que fixo, declarou que si el chegaba a Presidente do goberno español
“non ía a subir os impostos”. En
concreto Mariano Rajoy comprometeuse a “rebaixas
no Impostos de Sociedades (entre o 20% e o 25%) para as pemes”, a “non subida do IRPF nin do IVE a curto prazo”
e a “non recuperar o Imposto do
Patrimonio”.
Como é ben sabido e ao pouco de subir ao goberno Mariano Rajoy (PP) cambiou
radicalmente o seu discurso fiscal e decidiu subilos impostos en contra da súa
promesa electoral. Mediante real decreto-lei –procedemento que, elixido por
este goberno para impoñer as súas medidas, impide o lexítimo debate e control
parlamentarios- o goberno de Mariano Rajoy aprobaba, a finais do 2011, unha
serie de medidas fiscais que non so contradicían a súa promesa electoral senón
que puñan en evidencia para quen goberna o PP: castiga as rendas medias e baixas e premia as rendas altas. Unhas
medidas fiscais que, por outra parte, acentúan o caracter regresivo do sistema
fiscal español.
Unhas medidas fiscais (“Real
Decreto-Ley 20/2011, de 30 de diciembre, de medidas urgentes en materia
presupuestaria, tributaria y financiera para la correción del déficit público”.
B.O.E. 31.12.2011) que supoñen incrementos
no IRPF, tanto para as rendas do traballo como do aforro, no IVE, do 18% ao 21% no tipo xeral, e
no Imposto de Sociedades, do 19% ao
21% nas retencións, ao tempo que
prorrogan o actual Imposto sobre o
patrimonio.
Unhas medidas que, como ben sinalan os técnicos de Facenda, afectan
maiormente as rendas medias e baixas –rendas do traballo: segundo GESTHA ”o 80% das novas recadacións derivadas dos incrementos no IRPF recaen
sobre traballadores, incluídos os desempregados e os pensionistas que son os
principais prexudicados pola política de recortes e axustes salariais, e non
sobre outros rendementos mais vinculados aos grandes patrimonios, como os de
capital”- pero “pasan de puntillas” tanto sobre as rendas do capital –as
grandes fortunas- como sobre o necesario e imprescindible control do fraude
fiscal –que en España, e como resulta ben sabido afecta maiormente as rendas do
capital, as grandes fortunas-: de novo acudimos a GESTHA que en relación a este
apartado sinala que “o Plan Nacional de
Reformas 2013-2016 (PNR) non inclúe medidas ambiciosas no control da economía
somerxida e na mellora da eficiencia do gasto público durante os vindeiros
catro anos”.
Con estas medidas fiscais o goberno de Mariano Rajoy no so cometeu fraude senón que ademais mostra a
súa real faciana: estamos diante dun goberno que defende os intereses das
rendas do capital, moi en especial as grandes fortunas, e prexudica as rendas
medias e baixas. Unha defensa para o que non lle doen prendas acudir ao engano
e a mentira. Polo primeiro estamos
diante dun goberno de clase, polo segundo ante un goberno ilexítimo.
Un goberno, e un gobernante, enormemente mentireiro. Para intentar xustificar estas medidas, que sabe non
estaban no programa e contradín as súas promesas electorais, Mariano Rajoy non
ten reparos en sinalar que “se non
chegamos a subir impostos estaríamos rescatados” e que “non me gusta subir impostos”.
En relación a segunda declaración (“non me gusta subir impostos”), que será
profusamente repetida polo Presidente do goberno, aparte de sinalar que é unha nova mentira de Mariano Rajoy –o
que non lle gusta e subir os impostos aos ricos, aos seus amigos- este tiña
outras saídas alternativas: ben dimitir, ben convocar novas eleccións ou ben facer
unha consulta popular sobre as novas medidas fiscais. Non fixo ningunha delas
tanto por que lle gusta o cargo como por que sabía que de convocar esas
eleccións ou facer esa consulta as perderías e, tamén, por que non lle importa
mentir.
En relación “a necesidade de subir impostos para evitar o rescate”, este afirmación é dobremente falsa: 1º
Podería ter subido os impostos pero dunha forma mais xusta e equitativa para o
que bastaría con gravar mais as rendas
de capital i emprender unha loita decidida contra o fraude fiscal, pero eso
sería ir contra os “seus amigos”, 2º O repetido perigo de rescate nunca existiu
senón como reclamo para xustificar os recortes e os axustes: ningún país
europeo é “intervido” senón conta co beneplácito para o mesmo do seu goberno
democrático. Pero deste último escribirei con maior detalle en próximos
artigos.
Polo sinalado non teño dúbidas en sinalar que o goberno español (PP) é un goberno ilexítimo, e o seu presidente
(Mariano Rajoy) é un gobernantes mentireiro compulsivo.
Manoel Barbeitos Alcántara